jueves, 15 de marzo de 2012

ENCRUCILLADO

nai, pai, nai, pai nai
mece doce durmir branco
bañeira, comida, espido
coche, xoguete, roupa
chan amigo

pola miña parte son
ou creo ser
palabras

xustaposición ao cadrado
capitais, ríos, oracións
e unha Rayuela
vagalume, fillo, e un reloxo
que conta os meus segundos
encrucillados

pola miña parte
quixen ser
palabras

versos dun corazón afogado

versos dunha mala dixestión.

5 comentarios: