lunes, 25 de noviembre de 2013



lambín os buzóns do portal
os dazaoito buzóns

o cadro das alarmas
sentindo na punta da lingua
cada luceciña

repasei os bordes do ascensor
buscando unha rugosidade
un erro

baixei sete escalóns
sete

no espello
unha nena cunha bicicleta
o día de reis

lunes, 11 de noviembre de 2013

AUTORREFERENCIA II



teño un parrulo

voamos xuntos polos tellados

a xente non ve senon
refachos de fume das nosas viaxes
e di
hoxe baixa a néboa

teño un parrulo sen nome
que me empurra a facer e dicir
a rabiar
hata rachar o chan

non podo culpalo
               non sei           cómo se chama


teño un parrulo

e ninguén              quere velo