lunes, 25 de noviembre de 2013
lunes, 11 de noviembre de 2013
AUTORREFERENCIA II
teño un parrulo
voamos xuntos polos tellados
a xente non ve senon
refachos de fume das nosas viaxes
e di
hoxe baixa a néboa
teño un parrulo sen nome
que me empurra a facer e dicir
a rabiar
hata rachar o chan
non podo culpalo
non sei cómo se chama
teño un parrulo
e ninguén quere velo
jueves, 24 de octubre de 2013
AUTORREFERENCIA I
prenderon ás
pulgas
castigaron
cun pau os primeiros sons
botaron auga
á furia
agora bótome en falta
jueves, 17 de octubre de 2013
ROSALÍA
estiven na túa casa
e as fiestras estaban fechadas
os pandeiros mergullados
facían ondas coas ferreñas
estiven na túa casa
de romería
da túa boca saían contos
peixes engaiolados
desexando voltar ao río
escapaban entre as pedras do muro
e cantaban ás mozas
que bailaban no xardín
os gaiteiros anegaban o fol
coa auga
as muiñeiras estoupaban co rebulir
das ondas
estiven na túa casa e o mar
estaba dentro
domingo, 6 de octubre de 2013
CONTANDO MIGAS (V): ETÉREA
Soy un globo de feria. Estallé en el aire. Otra vez
Sé que naceré de nuevo, inflada entre los versos de algún
poeta americano o debajo de las almohadas de los hoteles.
Puede que elija otra forma. O borre un color de aquí y
ponga un poquito más del otro lado.
No es fácil ser globo. Si me sueltas, si me suelto, a lo mejor no
regreso. Y “a lo mejor”
me da miedo.
miércoles, 2 de octubre de 2013
MADEIRA ESPIDA
manter a luz aperta
que as coxegas da ardentía
non treman os folgos
o volcán durme
entre as sístoles
das levadas
barallar os días
repartir as vertixes
espida
lambo as feridas
das túas botas
mover a illa
cara a casa
apoiar os remos
nas dúas costas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)