martes, 14 de enero de 2014

CELEBRACIÓN DOMÉSTICA



camiñar sobre as brasas
camiñar coas pernas cementadas

chegar á casa sostindo nas mans
unha cabeza dividida en lumes

os brazos recollen os restos do día

ao lonxe mantas de algodón
un paseo en barca
unha rá dentro dun charco

deixar a cabeza 
enriba da mesa da cociña

e arrastrarse coma un soldado

que descansa na bañeira

No hay comentarios:

Publicar un comentario