miércoles, 26 de junio de 2013




cidade mosca
os teus balcóns vixían
as pombas mortas



jueves, 13 de junio de 2013

FÁBULA




formigas facendo o amor

millóns de formigas fodendo

a terra treme de cóxegas

as fragullas
orfas
fan autoestop nos lindeiros

xúntanse coma un bolo de pan
unha lúa de fariña
na noite terra

na noite         que foderon
              todas as formigas